ACTIVIDADES DE ADICAM
Querida socia:
De novo nos poñemos en contacto contigo para informar das últimas novedades.
Novas actividades que xa se están realizando:
- Prevención de linfedema: dentro do curso de prevención de linfedema que se fai todos os anos, como novidade esta vez hai sesións gratuitas de fisioterapia para socias que tiveran cancro de mama. Para acceder a este programa, só tendes que poñervos en contacto coa asociación.
Próximas actividades.
- Charla-coloquio “Autocoidados da cicatriz” impartida pola fisioterapeuta Natalia Santamaría o sábado 24 de maio ás 17:00 no hotel Jucamar
- “Dilo caminando” é un programa de AMAC-GEMA, Asociación de Zaragoza, que todos os anos fan un tramo do Camiño de Santiago e este ano van facer a última etapa. Debido a isto queremos facer un chamamento a todas as socias para poder unirnos a elas no último treito de camiño e chegar con elas a Santiago donde faremos algún acto conmemorativo. A previsión e que cheguen a Santiago de Compostela o venres 3 de outubro.
- Venres día 9 de maio a partir das 17:00, “Colección de baño 2008-2009” no local da asociación. Aproveitaremos para tomarnos un café mentras miramos os novos e atractivos modelos de bañadores e bikinis ortopédicos.
- TAI-CHI , os mércores de 19:00 a 20:00 no Pavillón de Nazaret (o prezo é de 10 euros)
- Os venres de 19:00 a 20:00 sigue habendo ritmos latinos no pavillón de Nazaret
- En xuño, está previsto facer un curso de cociña enerxética (setas, zumes, ...). As datas aínda non están confirmadas, pero xa vos podedes ir anotando
- Lembra que os primeiros venres de cada mes seguimos tendo o “café da amizade” no local de Adicam a partir das 17:00
Como xa ves, os carnés xa están. Adxuntamos o listado de establecementos que colaboran facendo distintos descontos coa presentación do carné a todos os socios e socias.
Adicam
LISTADO DE ESTABLECIMIENTOS COLABORADORES
- Lencería Fini (Cangas)
- Lencería Glamour (Cangas)
- Lencería Ayala (Cangas)
- Tienda de regalos Agarimo (Cangas)
- Zapatería O Zapato Chispón (Cangas)
- Joyería Relojería Ángel Rodríguez (Cangas)
- Peluquería La Pelu (Cangas)
- Jesús 2 (Vigo)
- Gimnasio Atlantic (Cangas)
- Gimnasio California Gym (Cangas)
- Benestar-terapia manual-masaxes pilates-relaxación (Cangas)
- Ortopedia Atlántica (Vigo)
- Ortopedia Vida (Moaña)
- Gabinete Nabor Costa (Cangas)
- Clínica fisioterapia Maio (Vigo)
- Clínica fisioterapia Fissan (Cangas)
¿Que é ADICAM?
E unha asociación de persoas que padecemos cancro de mama, pero non somente, tamén
somos persoas que non padecemos esta enfermidade pero
nos sensibilizamos con ela. |