|
Cangas 10-10-2005
Querid@ soci@:
Voltamonos a dirixir a ti para comunicarte o programa que imos levar a cabo con motivo do Dia Mundial contra o Cancro de Mama e as novas actividades que pomos á tua disposición.
En primeiro lugar, o dia 19 de Outubro ten lugar o Dia Mundial contra o Cancro de Mama e desde ADICAM queremos oferecedevos e que participedes durante a seman do 17 ao 22 nunha série de actividades entre as que destacan:
-Dial 8 de Outubro:
Ás 21:00h no Auditorio Municipal de Cangas "Conceto Dos Amigos da Canción e Coral San José".
-Dia 19 de Outubro:
"Dia Mundial contra o Cancro de Mama".
Colocaranse mesas informativas en vários pontos de Cangas, Moaña, Bueu, Marín, Vigo e Pontevedra.
Para este dia queremos facer un chamamento para que participedes nas mesas xa que necesitamos voluntari@s. Se vos interesa participar por favor dirixidevos á o noso local na Avda de Marín, n°12, 1° ou chamar ao 986-30 71 58 en horário de 10:00 a 12:00. Ademais haberá animación na rua a cargo dun grupo de teatro.
-Dias 20 e 21 de Outubro:
Celebraremos no Auditorio Municipal de Cangas as "IV Xornadas sobre Cancro de Mama" ás que acudirán distintos profesionais do ámbito da saúde. Durante o transcurso destas xornadas proxectaráse tamén un vídeo documental sobre a nosa Asociación ao que se lle deu o título de "O Mito de Venus".
-Dia 22 de Outubro:
Como clausura a todos estes actos faremos unha Cea-Baile Benéfica en Casa Barral (Moaña) con un custe de 30€ á que poden acudir non só soci@s se non tamén persoas alleas á asociación.
Se che interesa acudir a esta cea-baile só tes que chamar a ADICAM para te apuntar e a continuación depositar os 30€ do coste da cea e o donativo voluntario que queiras aportar no número de conta de ADICAM en Caixanova.
O número é o seguinte;
2080 0022 02 0040019401 CAIXANOVA.
Encanto ás Actividades que vos oferecemos destacan :
-Ximnásia de mantemento.
-Ioga.
-Manualidades.
-Cociña enerxética.
-Curso de colocación de pañuelos.
-Automaquillaxe.
-Danza do ventre.
-Ritmos Latinos, Airbox e Pilates; En colaboración coa Asociación de Amas de Casa de Cangas
Para se anotar ou informarse debedes chamar ao 986 30 71 58 en horário de 10:00-12:00h.
Unha forte aperta.
|