|
Cangas 14 de novembro de 2005
Querid@ soci@:
Unha vez mais pomonos en contacto contigo para informarte das últimas novidades que se están a levar a cabo no seo da nosa asociación.
En primeiro lugar queremos informarte de que o próximo dia 1 de decembro no salón de plenos do Concello de Cangas e en horário de 18:00 a 20:00h, terá lugar unha parola sobre "O valor dos ensaios clínicos na loita contra o cancro de mama". A entrada é gratuita e será impartida por Lourdes Calvo, oncóloga do Hospital Juan Canalejo.
Ao longo deste mes (seguramente o fin de semana do 25 pero fica por confirmar) e grazas ao programa de Obra Social de Fundación "A Caixa" Pilar Rivas, psicóloga e sexóloga, impartirá na nosa asociación un taller de "Afectividade e sexualidade" ao que xa vos podedes ir anotando. O taller será de 6h. de duración repartidas en dous dias, venres pola tarde e sábado pola mañá.
Encanto ás novas actividades que te oferecemos debes saber que o próximo mes de decembro comeza o curso de Danza de Ventre e que o horário se vai tentar axustar ás necesidades de cada unha das participantes. Parte deste curso estará subvencionado por ADICAM.
Por outra parte, e durante todo o ano podes apuntarte a Ioga por un custe de 20€ o horário é de 19:00-20:30h os luns e mércores.
Por outra parte, e tendo en conta as datas que se aproximan te oferecemos tamén un taller de realización de centros de nadal. O taller comezará en decembro e ainda estás a tempo de te apuntar.
Ademais, debes saber que no ximnásio do Coléxio de Nazaret se está a levar a cabo un curso de Ritmos latinos, Pilates e Aerbox con un custe de 10€ os mércores e venres de 19:00-20:00h.
Por último e encanto a novas actividades debes saber que tamén está previsto realizar un taller de relaxazón e outro de risoterapia .
Para calquera duvida ou se queres apuntarte a algunha actividade debes chamar ao 986 30 71 58 ou acudir ao noso local en Avd de Marín n°12, 1°A.
Encanto aos carnes de soci@s debes engadir á lista que te enviamos tres novas colaboracións de Fisioterapeutas:
-Rosa Karina Piñeiro Segade. 649 630 874
-Susana Gago Lorenzo. 676 241 115
-Dagmar Hach Popp. 986 41 23 47
Por outra parte, debes saber que o sábado dia 10 de Decembro ás 14:30h no Restaurante Casa Macillos terá lugar unha comida para soci@s á que xa podes ir apontandote. O menú por 30€ será o seguinte:
-Centola da Ria
-Langostinos.
-Vieiras.
-Peixe sapo.
-Xata.
-Bebida
-Sobremesa + Café.
O prazo limite para se apontar a esta comida é até o dia 1 de decembro e para o facer debes acudir a Caixanova e ingresar a cantidade sinalada na conta de ADICAM que é a seguinte:
2080 0022 02 0040019401.
Por último queremos que saibas que o sábado 10 de Decembro ás 22:00h terá lugar un Concerto Benéfico con un custe de 3€ no Auditorio Municipal de Cangas no que participarán os seguintes grupos e aos que damos as grazas por adiantado.
-Banda de Música Belas Artes Sección Xuvenil.
-Amigos Da Canción.
-Coral San José.
-Trio Ruada.
-Asociación de Baile "Sabor".
Esperamos a tua asistencia a todas estas actividades e aproveitamos a ocasión para te saudar afectuosamente e para agradecer a todas as persoas que participan no concerto, aos responsábeis dos Restaurantes Casa Barral e Casa Macillos, a Loli de Floristería Malopa a Frigoríficos do Morrazo e á La Caixa todo o apoio que nos han brindado. Grazas.
Atentamente a Xunta Directiva de ADICAM
|