O cancro de mama é o cancro mas frecuente na muller. É unha enfermedade provocada por unha alteración nas células sans dos conductos mamarios que as fai dividirse e multiplicarse sen nengun tipo de control ata constituir unha masa ou bulto denominada tumor.
Os tumores poden ser benignos e malignos, denominados cancro. no primeiro caso nunca invaden outros tecidos nin se estenden a outras partes do organismo. polo contrário, as células cancrosas ao medrar e multiplicar-se poden danar outros órganos e tecidos e penetra na circulación sanguínea ou no sistema linfático, o que se denomina metástase.
FACTORES DE RISCO
A causa do cancro de mama é descoñecida, polo que pode afectar a calquer muller, ainda que existen factores de risco, de tipo xenético, hormonais e outros ambientais ou de habitos de vida:
Idade: o risco aumenta coa idade, presentando-se mais do 50% dos casos en mulleres posmenopáusicas.
Menstruazón precoz ou menopausia tardia.
Non ter tido fillos ou té-los despois dos 35.
Predisposizón xenética (história familiar): nun 5% dos casos a mutazón de algun xene (BRCA1,BRCA2) se transmite por herdanza e predispón a padecer cancro.
Padecer algunha mastopatía (enfermidade de mama) de risco.
Habitos nocivos: tabaquismo e alcoholismo.
Sobrepeso e dieta desequilibrada, rica en graxas animais.
Estrés.
Emprego prolongado de estrógenos.
A American Cancer Society(ACS) recomenda:
Desde os 20 anos: Iniciar unha autoexploración manual.
Entre os 20 e 39 anos: Unha exploración clínica cada tres anos.
Desde os 40 anos: Unha mamografía e unha exploración clínica anual. En Europa e España recomenda-se a partir dos 50 anos.
DIAGNOSTICO DO CANCRO DE MAMA
O cancro de mama ten mellores expectativas que outros tumores malignos dada a sua facilidade de detección precoz. Para iso e importante seguir as seguintes pautas:
Observar a sintomatología e os cambios na mama: aparición de bultos, cambios no tamaño, forma, alteracións na pel da mama, ulcerazón,...
Autoexploración mamaria: é importante que a muller coñeza e recoñeza as suas própias mamas para detectar calquera tipo de modificación.
Exploración clínica da mama: é a realizada polo medico é aconsellable que forme parte da revisión médica periódica.
Mamografía: é unha radiografia da mama e o mellor método de diagnostico de enfermidades na mama.
Ecografía: é un complemento á mamografía que permite diferenciar nódulos sólidos e líquidos (xéneralmente benignos)
Aspiración ou biopsia con agulla: obteñen-se células ou unha pequena cantidade de tecido que, unha vez analizado, permite un diagnostico diferencial.
Biopsia quirúrgica: extirpa-se parte ou toda a lesión para a sua análise posterior en laboratório en busca de células cancrosas.
TRATAMENTOS
Cirurxía: extirpación do tumor ou da mama con unha marxe de tecido sano.
Radioterapia: emprego de radiacións para eliminar as células tumorais que podan ter ficado na mama ou nas áreas de drenaje linfático, despois da extirpación do tumor.
Quimioterapia: administración de medicamentos por via oral ou intravenosa para eliminar células tumorais que podan ter-se estendido polo corpo.
Hormonoterapia: os medicamentos que se administran actuan bloqueando os receptores de estrógenos e progesterona, hormonas relacionadas coa medra tumoral.