ADICAM 2009 - MEMORIA DE ACTIVIDADES

Novos folletos de ADICAM

 


 

Varios 26 de febreiro 2010

 

-O vindeiro venres 26 de febreiro ás 19:30h no Hotel Jucamar terá lugar unha charla sobre o “Testamento Vital” (últimas vontades) impartida polo notario D. Pedro Riol organizada polas asociacións ASPANSIM, ADICAM e DOA.

 -Temos a posibilidade de ofrecervos as actividades de “Teatro” e “Pintura”   en función de que se forme grupo. Animádevos. O prazo de inscrición remata o 30 de Marzo e as prazas son limitadas.
 
-“Curso gratuíto de busca de emprego a través de internet”: Luns e mércores de 17:00-18:30h. Temos previsto que comece en abril e o prazo para apuntarse remata o 30 de Marzo.
 
Continúan en marcha e coa posibilidade de seguir anotándovos as seguintes actividades:
-“Tai-Chi” os mércores de 20:00 a 21:00h no Pavillón de Nazaret.
-“Bailes de Salón” os venres de 20:00 a 21:00h no Pavillón de Nazaret.
-“Grupo para camiñar” todos os días ás 21:00h. Si se reúne xente se podería plantexar grupo de mañá.
-“Taller de Automaquillaxe”: temos previsto realizalo mensualmente os mércores no local previa inscrición e é gratuíto.
-“Taller de Relaxación”: os xoves pola tarde previa inscrición.
-“Grupo de Voluntariado de ADICAM”, se estás interesada chama para inscribirte.
 
-Estamos interesadas en formar un grupo para facer o “Camiño de Santiago” se estás interesada chama para poder empezar a organizalo.
Autor:Lina