Actividades que temos programadas para estes primeiros meses do ano 2010
Asociación de Diagnosticad@s de Cancro de Mama (ADICAM)
Avda. de Marín, nº12, 1º
36940. Cangas - Pontevedra
Tlf: 986 30 71 58/ 696 801 319 de luns a venres de 10:00-13:00 e de 16:00 a 20:00h.
Cangas a 19 de febreiro de 2010
Querida socia:
Desde ADICAM queremos facerte partícipe das actividades que temos programadas para estes primeiros meses do ano e animámoste a participar;
-"Estancia en Balnearios": Desde a Deputación de Pontevedra, e para persoas de 50 anos ou máis, pensionistas ou con necesidade de respiro familiar, púxose en marcha un programa que consiste en pasar seis días e cinco noites (de domingo a venres) nun hotel spa ou talaso da nosa provincia en réxime de pensión completa nos meses de febreiro a maio (excepto Semana Santa) cun prezo total por persoa que oscilaría entre os 150 e os 169 euros (dependendo do spa) con traslados en autocar incluidos. Podes apuntarte acudindo a ADICAM, a través de www.depo.es ou directamente no teu Concello pero axiña, xa que a data límite é o 25 de febreiro.
-O vindeiro venres 26 de febreiro ás 19:30h no Hotel Jucamar terá lugar unha charla sobre o "Testamento Vital" (últimas vontades) impartida polo notario D. Pedro Riol organizada polas asociacións ASPANSIM, ADICAM e DOA.
-Temos a posibilidade de ofrecervos as actividades de "Teatro" e "Pintura" en función de que se forme grupo. Animádevos. O prazo de inscrición remata o 30 de Marzo e as prazas son limitadas.
-"Curso gratuito de busca de emprego a través de internet": Luns e mércores de 17:00-18:30h. Temos previsto que comece en abril e o prazo para apuntarse remata o 30 de Marzo.
Continúan en marcha e coa posibilidade de seguir anotándovos as seguintes actividades:
-"Tai-Chi" os mércores de 20:00 a 21:00h no Pavillón de Nazaret.
-"Bailes de Salón" os venres de 20:00 a 21:00h no Pavillón de Nazaret.
-"Grupo para camiñar" todos os días ás 21:00h. Si se reúne xente se podería plantexar grupo de mañá.
-"Taller de Automaquillaxe": temos previsto realízalo mensualmente os mércores no local previa inscrición e é gratuito.
-"Taller de Relaxación": os xoves pola tarde previa inscrición.
-"Grupo de Voluntariado de ADICAM", se estás interesada chama para inscribirte.
-Non esquezas que como todos os primeiros venres de mes o local está aberto a partir das 17:00 para todos os que queirades compartir un café.
-Estamos interesadas en formar un grupo para facer o "Camiño de Santiago" se estás interesada chama para poder empezar a organizalo.
Sen mais novas que engadir aproveitamos a ocasión para saudarte.




