¿Que é ADICAM?
|
|
ADICAM é unha asociación de mulleres afectadas de cancro de mama que xorde en Cangas no ano 2000; nace coa finalidade de fomentar o desenvolvemento do apoio social e a axuda mutua, para conseguir que a muller teña unha mellor calidade de vida e benestar.
|
¿Quen a formamos?
|
Mulleres afectadas, familiares, colaboradores e profesionais.
|
É unha asociación sen ánimo de lucro, non gobernamental, que realiza apoio social e promove novos servizos, complementarios aos realizados polas institucións públicas.
|
|
Obxetivos
|
|
- Dar apoio emocional, orientación e asesoramiento ás persoas afectadas de tumor mamario e ás súas familias.
- Favorecer unha mellor calidade de vida e de saúde ata desde a enfermidade.
- Promover unha estreita solidariedade entre as mulleres afectadas.
- Fomentar o desenvolvemento e crecemento persoal.
- Ofrecer información á poboación en xeral sobre o cancro de mama e a importancia da detección precoz.
|
Servizos
|
|
- Apoio emocional, atención psicolóxica e social.
- Información e asesoramiento.
- Charlas sobre educación para a saúde (prevención, nutrición... ), aspectos médicos e emocionais do cancro de mama.
- Cursos de relaxación e prevención do linfedema.
- Actividades lúdicas e de lecer.
|
|
|
|
|
Áreas de traballo
|
|
1. Área de información e sensibilización
|
|
- Informar ás mulleres afectadas de tumor mamario de todo o referente á súa enfermidade (tratamento, prótesis, alopecia, linfedema de brazo...)
- Contribuír a mellorar a calidade de vida das mulleres, a través da información sobre aspectos sanitarios.
- Potenciar a participación das mulleres en ámbitos relacionados coa saúde da muller.
- Dar difusión do labor da asociación, os seus obxetivos, programas, servizos...
- Informar ás socias das actividades que leva a cabo a asociación.
Accións - actividades
- Charlas preventivas, informativas e de educación para a saúde.
- Xornadas divulgativas sobre o cancro de mama e difusión de material didáctico.
- Reunión, coordinación e colaboraicón con outros organismos.
|
|
2. Área asistencial
|
|
- Ofrecer apoio psicosocial ás mulleres afectadas de cancro de mama e ás súas familias.
- Facilitar a comunicación e o apoio mutuo entre tódolos afectados de cancro de mama coa finalidade de aunar esforzos ante o impacto da enfermidade.
- Contribuír ao aumento das expectativas de vida das persoas doentes de cancro e conseguir niveis dignos de calidade de vida para eles e os seus familiares.
- Dotar de axuda a través de profesionais do área psicosocial á persoa con cancro e á súa familia de modo que adquiran competencias e habilidades para facer fronte á nova situación, manteñan os niveis de autonomía e integración social e poidan, en definitiva adaptarse do mellor xeito posible á enfermidade e ás súas consecuencias.
- Dar a coñecer ás institucións e organismos públicos as necesidades e os problemas que afectan ao enfermo de cancro de mama e á súa familia, para que promuevan ou reforcen os recursos necesarios para atendelos e asistilos.
- Procurar a difusión nos medios de comunicación desta problemática para poñer en coñecemento da opinión pública que o cancro é unha realidade que afecta á saúde na súa vertente física, psicolóxica e social. Mediante a sensibilización pretendemos fomentar a participación e solidariedade da poboación en xeral.
Accións-actividades:
-
Servizo de acollida na sede social.
-
Programa de atención psicosocial a mulleres en tratamento e aos seus familiares; mulleres afectadas, non hospitalizadas e en remisión, e ás súas familias.
-
Información, orientación e asesoramento sobre prestacións e recursos existentes.
-
Grupo de apoio mútuo.
-
Programa de voluntariado en apoio emocional (formación e seguemento).
-
Terapia psicolóxica, individual ou familiar.
|
|
3. Área actividades e prevención
|
|
- Promover unha rehabilitación dirixida a potenciar a capacidade de adaptación a novas situacións persoais e a alcanzar unha boa calidade de vida.
-
Fomentar o desenvolvemento e crecemento persoal das mulleres en aspectos culturais, sanitarios, de auto-organización, etc.
-
Favorecer a solidariedade entre mulleres con tumor mamario ou en tratamento médico por este tipo de enfermidades.
Accións-actividades:
- Cursos de relaxación.
- Cursos de prevención do linfedema.
- Cursos de gimnasia, yoga, aerobic, pilates...
- Cursos de afectividad e sexualidade.
- Excursións e saídas lúdicas.
|